DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 29 de outubro de 2004 Páx. 14.755

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (EDD-5/2004).

O Pleno do Concello, en sesión realiada o día 6 de setembro de 2004, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o estudo de detalle correspondente ás parcelas 19 á 21 do sector de solo urbanizable S-6 Parque Eirís, promovido pola entidade Branurba, S.L.

Segundo.-Publicar o acordo conforme o disposto no artigo 92.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, no prazo máximo dun mes, no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Terceiro.-Notificar o presente acordo á entidade Aparcamientos Sanitaria, S.A. poñendo no seu coñecemento os recursos que contra este poida interpor.

Este acordo pon fin á vía administrativa, e contra el poderase interpor con carácter potestativo, recurso de reposición perante o órgano que o ditou, no prazo dun mes, ou directamente recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, ambos os dous prazos contados a partir do día seguinte a aquel no que se practicou a notificación ou, se é o caso, a publicación; todo iso de conformidade cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en relación co artigo 46 da Lei da xurisdición contencioso-administrativa, do 13 de xullo de 1998, sen perxuízo de calquera outro que estime pertinente.

A Coruña, 16 de setembro de 2004.

Francisco Vázquez Vázquez

Alcalde