DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 29 de outubro de 2004 Páx. 14.755

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CORCUBIÓN

ANUNCIO de licitación de contrato de obras.

Mediante acordo da Xunta de Goberno local adoptado en sesión do 30 de setembro de 2004, tras estimar o recurso interposto pola Federación Galega da Construción, acordouse de novo a apertura do procedemento de adxudicación mediante concurso, por procedemento aberto e trámite de urxencia, da obra que a continuación se relaciona:

Convenio de colaboración entre a Fundación Arao e o Concello de Corcubión con data de 11-6-2004:

1. Entidade adxudicataria.

Entidade local: Concello de Corcubión (A Coruña).

Dependencia: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

Execución da obra: acondicionamento da praia de Quenxe.

Lugar de execución: Corcubión.

Prazo de execución: 3 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: concurso.

Orzamento base da licitación (IVE incluído): 180.303,63 euros.

Garantía provisional: 3.606,07 euros.

Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

4. Obtención da documentación e información.

Entidade: Concello de Corcubión (A Coruña).

Enderezo: praza José Carrera, nº 1.

CP: 15130.

Teléfono: 981 74 54 00.

Fax: 981 74 71 00.

Data límite de obtención da documentación: durante o prazo para a presentación de proposicións.

5. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: I-1-c; G-6-c.

Solvencia: segundo o prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Presentación de ofertas de participación.

Data límite: 13 días naturais desde o día seguinte ao último anuncio publicado no BOP, DOG ou no xornal.

Documentación: cláusula 12 do prego.

Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Corcubión (A Coruña).

7. Apertura de ofertas.

Lugar: Casa do Concello de Corcubión.

Data: o segundo día hábil a partir do último para a presentación de ofertas.

Hora: 20.30 horas.

8. Outras informacións.

Gastos de anuncios e taxas: anexo I do prego.

Control de calidade: 1%.

Corcubión, 14 de outubro de 2004.

Francisco Javier Lema Fuentes

Alcalde-presidente