DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 29 de outubro de 2004 Páx. 14.751

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

EDICTO do 13 de setembro de 2004, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se notifica o requirimento de documentación incompleta en relación co expediente da Renda de Integración Social de Galicia (Risga) e persoa que se relaciona no anexo.

No uso da competencia que atribúe a esta Delegación Provincial de Pontevedra, da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais a Lei 9/1991, do 2 de outubro, modificada parcialmente pola Lei 1/1999, do 5 de febreiro, galega de medidas básicas para a inserción social (DOG nº 191, do 3 de outubro de 1991 e DOG nº 36, do 22 de febreiro de 1999), e en virtude do disposto nos artigos 59.4º e 61 da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro) que modifica parcialmente a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedimento administrativo común (BOE do 27 de novembro), intentada a notificación no último domicilio coñecido da interesada, sen que esta se poidese practicar, por vir as cartas devoltas polo servizo de correos, notifícaselle á persoa citada no anexo que no prazo de 10 días, contado desde o seguinte á data de publicación deste edicto, compareza persoalmente ou debidamente representada, na Delegación Provincial de

Pontevedra, da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais-Servizo de Prestacións, (rúa Concepción Arenal, 8-2ª planta,Vigo), para ter coñecemento do contido do requirimento de documentación, advertíndolle que de non facerse así, terase por notificada cos efectos que correspondan.

Vigo, 13 de setembro de 2004.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Interesada: María Dolores Míguez Fernández.

DNI/NIF: 36131053-P.

Número expediente: 36/057/0059/02.