DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 29 de outubro de 2004 Páx. 14.751

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2004, da Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación da subministración do equipamento necesario para a mellora da dotación do curso de mecánico de vehículos lixeiros, do centro de formación ocupacional de Santa María de Europa en Ourense. (Expediente 67/2004).

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: subministración do equipamento necesario para a mellora da dotación do curso de mecánico de vehículos lixeiros do centro de formación ocupacional de Santa María de Europa en Ourense.

b) Lugar de entrega: centro de formación ocupacional de Santa María de Europa en Ourense.

c) Prazo de entrega: 2 meses desde a sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto e concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: sesenta e sete mil setecentos noventa e tres euros con sesenta e seis céntimos (67.793,66 A, IVE incluído).

5. Garantía provisoria: non se exixe.

6. Obtención de documentación e información: Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais - Edificio Administrativo San Lázaro, s/n ; 15781 Santiago de Compostela; tfno: 981 54 56 50, fax: 981 54 01 18; www.xunta.es/contratacion.

7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional.

Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación necesaria: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais - Edificio Administrativo San Lázaro, s/n - Santiago de Compostela.

9. Apertura de ofertas: terá lugar na sala de xuntas da consellería situada no enderezo indicado no punto 6 ás 9.30 horas do oitavo día natural, contado desde o día seguinte ao de remate do prazo de presentación de proposicións.

10. Gastos dos anuncios: 9,75 euros/liña publicada no DOG.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2004.

Mª Mar Pousa Cobas

Secretaria xeral da Consellería de Asuntos Sociais,

Emprego e Relacións Laborais