DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 29 de outubro de 2004 Páx. 14.750

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2004, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a iniciación do dereito de audiencia nos expedientes sancionadores na orde social 543 e 544/2004.

Non sendo atopados no enderezo coñecido por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a seguir, resolvo notificar por este medio, ao abeiro do artigo 59.5º da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de dez días, a partir do día seguinte á súa publicación no DOG, durante o cal poderán exercer o dereito de audiencia do expediente, previo á resolución, nesta Delegación Provincial de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais da Coruña, todo isto segundo o establecido no artigo 18.2º do R.D. 928/1998, do 14 de maio.

Expediente nº: 543/2004.

Acta inf. nº 686/04.

Empresa: Rojo Rodríguez, S.L.

NIF/DNI: B-15319536.

Enderezo: Carreira do Conde, 4 (Corcubión).

Materia: seguranza e hixiene.

Proposta de sanción: 1.503 A.

Resumo da acta de infracción:

Visitado o centro de traballo sito en Escaselas (Fisterra) a consecuencia dun accidente de traballo ocorrido a un traballador doutra empresa, constatouse que o promotor (a empresa de referencia) non levou a cabo as funcións propias que lle corresponden exercer, principalmente a través do coordinador de seguranza, tampouco tiña realizado o estudo de seguranza, etc.

Vulnérase o artigo 24 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, e artigos 5 e 9 do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro.

Falta grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de conformidade cos artigos 12.24º a) e d) e 39, respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Expediente nº: 544/2004.

Acta inf. nº 829/04.

Empresa: Edicon Santiago, S.L.

NIF/DNI: B-15867112.

Enderezo: Ponte da Rocha (Santiago de Compostela).

Materia: seguranza e hixiene.

Proposta de sanción: 3.006 A.

Resumo da acta de infracción:

Visitado o centro de traballo sito en r/ Miguel Ferro Caaveiro (Santiago de Compostela), deixouse citación á empresa para presentar documentación. Non presentou os recoñecementos médicos de varios traballadores, tampouco en sucesivos aprazamentos concedidos. Así mesmo, constatouse que non tiñan recibido formación-información en materia de riscos.

Vulnéranse os artigos 51 e 50 dos covenios colectivos da construción de datas 4-10-2002 e 9-9-2003, respectivamente; artigos 22, 18 e 19 da Lei 31/1995, do 8 de novembro.

Dúas faltas graves en grao mínimo, tipificadas e sancionables de conformidade cos artigos 12.2º, 12.8º e 39.3º e 40.2º b), respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Documentos que constan nos expedientes:

-Actas de infracción.

-Xustificantes das notificacións.

A Coruña, 20 de setembro de 2004.

Cristina Azpilcueta González

Delegada provincial da Coruña