DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 29 de outubro de 2004 Páx. 14.749

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2004, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, para a contratación dunha asistencia técnica para o manexo e xestión da cabra montés.

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: asistencia técnica para o manexo e xestión da cabra montés.

2.2. Prazo de execución: 12 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

3.1. Tramitación: ordinaria.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: corenta e oito mil (48.000) euros.

5. Fianza provisional.

Non se exixe.

6. Fianza definitiva.

4% do orzamento de licitación: 1.920 euros.

7. Documentación e información.

7.1. Documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, na Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Contratación e na páxina da internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.jsp?N=4533.

Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web, e estean interesados en concursar a esta licitación, deberán enviar, ao seguinte enderezo de correo electrónico: rosa.blanco.tubio*xunta.es, os datos que a continuación se relacionan:

-Na epígrafe Asunto: obxecto do prego.

-Nome da empresa.

-Nº de teléfono.

7.2. Información.

Teléfono: 981 54 17 49.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

8.1. Data límite da presentación: as proposicións presentaranse entre as 9.00 e as 14.00, en días hábi

les, no prazo máximo de 15 días naturais a contar desde o seguinte ao da publicación desta resolución no DOG; de coincidir o último día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación de proposicións finalizará o primeiro día hábil seguinte.

8.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (981 54 17 50) no mesmo día.

9. Apertura das ofertas.

A apertura das proposicións admitidas realizaraa a mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da sede dos servizos centrais da Consellería de Medio Ambiente en Santiago de Compostela, ás 12.00 do décimo cuarto día natural a partir do seguinte ao da finalización do prazo de presentación das proposicións. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, a mesa reunirase o primeiro día hábil seguinte, á mesma hora.

10. Gastos do anuncio.

Pola conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2004.

Justo de Benito Basanta

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente