DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 29 de outubro de 2004 Páx. 14.749

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E VOLUNTARIADO

CÉDULA do 4 de outubro de 2004, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública unha notificación de resolución do expediente tramitado por esta entidade.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 14 de xaneiro (BOE nº 13, do 14 de xaneiro), notifícaselle á persoa que a continuación se indica a resolución do expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por non ser posible a dita notificación no último domicilio que consta no expediente desta delegación provincial.

A interesada poderá interpoñer recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Pontevedra que corresponda, sen necesidade de reclamación administrativa previa, de conformidade co disposto na disposición adicional primeira da Lei 3/1997, do 9 de xuño, galega de familia, infancia e adolescencia.

Os correspondentes expedientes constan no Servizo de Familia, Infancia e Menores da Delegación Provincial da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado en Vigo.

-Nº expedientes: 403-5 e 404-5/2003.-Interesada: Montserrat Yáñez González.-Enderezo: descoñecido.-Data: 18-6-2004.-Asunto: resolución administrativa con data do 18 de xuño de 2004.

Vigo, 4 de outubro de 2004.

Francisco J. González Vicente

Delegado provincial de Pontevedra