DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 29 de outubro de 2004 Páx. 14.748

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E VOLUNTARIADO

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2004 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público, con tramitación urxente, do contrato administrativo de obras de ampliación e acondicionamento de marxes no encoro de Pontillón de Castro, Verducido (Pontevedra).

Aprobado o expediente de contratación que a seguir se identifica, mediante Resolución do 22 de outubro de 2004, procédese agora a efectuar o anuncio de licitación deste.

Esta resolución constitúe acto de trámite para os efectos do parágrafo segundo do artigo 107 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral para o Deporte.

c) Número de expediente: 32/2004.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: ampliación e acondicionamento de marxes no encoro de Pontillón de Castro, Verducido (Pontevedra).

b) Lugar de execución: Verducido, Pontevedra.

c) Prazo de execución: oito (8) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: catro millóns cento corenta e tres mil oitocentos noventa e sete euros con corenta e un céntimos, IVE incluído (4.143.897,41 A).

5. Garantías.

a) Garantía provisoria: non se exixe, ao abeiro do disposto no artigo 35.1º do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

b) Garantía definitiva: catro por cento (4%) do orzamento de licitación; cento sesenta e cinco mil setecentos cincuenta e cinco euros con noventa céntimos (165.755,90 A).

6. Obtención de documentación e información.

No Servizo de Infraestruturas Deportivas da Dirección Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 26 26. Fax: 981 54 26 39).

As fotocopias dos pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas poderán ser solicitadas directamente en Xeneral Pardiñas, nº 2 de Santiago de Compostela. Teléfono: 981 59 03 02.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas a que se refire o parágrafo anterior poderán ser consultados na internet (www.xunta.es/contratacion/resultado.jsp?N=4541).

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso: grupo A, subgrupo 1, categoría f.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a acreditación efectuarase mediante a presentación dos documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares (folla de especificacións).

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do décimo terceiro (13) día natural posterior á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a requirida polo prego de cláusulas administrativas particulares.

Os contratistas que se atopen inscritos no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma e así o fagan constar na carátula do sobre A (documentación administrativa) quedarán exonerados de presentar a documentación a que se refire o artigo 5 da Orde do 23 de outubro de 1995 (DOG do 10 de novembro), modificada pola Orde do 9 de decembro de 1996 (DOG do 23 de decembro).

c) Lugar de presentación:

No rexistro de documentos da Dirección Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos San Lázaro, 15890 Santiago de Compostela. Fax: 981 54 26 39), ou enviados por correo dentro do prazo de admisión.

d) Admisión de variantes: admítense en relación co prazo de execución, prezo e coa mellora do capítulo III do proxecto técnico.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

b) Enderezo: San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o quinto día hábil seguinte ao de rematar o prazo de presentación de ofertas. De coincidir este en sábado, pasará ao seguinte día hábil.

e) Hora: 9.30 horas.

10. Outras informacións.

11. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario e, se é o caso, da inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2004.

P.D. (Orde 2-8-2004)

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia,

Xuventude, Deporte e Voluntariado