DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 29 de outubro de 2004 Páx. 14.747

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2004, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto e trámite urxente, mediante concurso público, para a adquisición e instalación duns sistemas de armarios compactos no arquivo da Audiencia Provincial de Pontevedra.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adquisición e instalación duns sistemas de armarios compactos no arquivo da Audiencia Provincial de Pontevedra.

b) División por lotes y número: lote único.

c) Lugar de entrega: o arquivo da Audiencia Provincial de Pontevedra.

d) Prazo de entrega: un mes contado desde o día seguinte á sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base da licitación: 100.000 euros, IVE incluído.

5. Garantía provisoria: 2.000 A.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral.

b) Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfonos: 981 54 62 28 e 981 54 45 17.

e) Telefax: 981 54 46 96.

f) Data límite de obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse por un ou varios dos medios sinalados no artigo 16 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

b) Solvencia técnica: deberá xustificarse por un ou varios dos medios sinalados no artigo 18 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite da presentación das ofertas: o prazo comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG e rematará o oitavo día natural, ás 14.00 horas, agás que o último día fose sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao día hábil seguinte.

b) Documentación necesaria: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local.

2. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3º andar.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade e lugar: Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local. Sala de xuntas.

b) Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3º andar.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da consellería, o décimo día natural seguinte ao da data de remate do prazo de presentación das ofertas. De coincidir en sábado ou inhábil, trasladarase ao primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 9.30 horas.

10. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.

11. Así mesmo, poderase obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.jsp?N=4546.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2004.

Manuel E. Martínez Oubiña

Secretario xeral da Consellería de Xustiza,

Interior e Administración Local

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE

E VOLUNTARIADO