DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 29 de outubro de 2004 Páx. 14.746

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2004, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto, mediante concurso público e trámite de urxencia, da execución das obras de reforma e adecuación do sistema de contraincendios pertencente aos arquivos situados no edificio dos xulgados da Coruña mediante a substitución do gas halón por auga nebulizada.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: obras de reforma e adecuación do sistema contraincendios pertencente aos arquivos situados no edificio dos xulgados da Coruña mediante a substitución do gas halón por auga nebulizada.

b) División por lotes y número: non leva.

c) Lugar de execución: A Coruña.

d) Prazo de execución: un (1) mes contado desde o seguinte á data da sinatura da acta de comprobación do replanteo.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base da licitación. Importe total: 175.000 A, IVE engadido.

5. Garantía provisoria: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información.

a) O prego de cláusulas administrativas e o prego de prescricións técnicas estarán ao dispor dos interesados no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, sito no complexo administrativo de San Caetano, edificio nº 5, 3º andar, Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 46 79, fax: 981 54 46 96.

b) Igualmente, tamén se poderán obter os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.jsp?N=4542.

c) Data límite de obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo: K, subgrupo: 9, categoría: e).

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite da presentación das ofertas: o prazo de presentación das ofertas comezará o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará o décimo terceiro día natural ás 14.00 horas, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación necesaria: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local.

2. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3º andar.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non se admiten variantes.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade e lugar: sala de xuntas da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local.

b) Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3º andar.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da consellería, o décimo día natural seguinte ao de remate do prazo de presentación de ofertas; de coincidir en sábado ou inhábil, trasladarase ao primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 9.30 horas.

10. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2004.

Manuel E. Martínez Oubiña

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Inerior

e Administración Local