DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 29 de outubro de 2004 Páx. 14.745

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2004 sobre autorización de apertura dun novo establecemento da axencia de viaxes Halcón Viajes, S.A., sito na rúa Alfonso Molina, s/n, Palavea, A Coruña.

Examinado o expediente instruído por instancia de Adrián Bravo Juan, na súa calidade de representante legal da entidade mercantil Halcón Viajes, S.A., titular da axencia de viaxes Halcón Viajes, S.A., do grupo maiorista-retallista, con código de identificación CI-CL37-03 e casa central na praza dos Irlandeses, nº 2, Salamanca, en solicitude de autorización de apertura dun novo establecemento sito na rúa Alfonso Molina, s/n, Palavea, A Coruña.

Resultando que coa referida solicitude se achegou toda a documentación que se indica no Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo.

Considerando que na empresa solicitante e no novo establecemento da axencia de viaxes concorren todas as condicións exixidas polo mencionado decreto para a obtención da súa autorización.

Considerando que na tramitación do expediente se observaron todos os requisitos e formalidades establecidos legal e regulamentariamente.

Vistos a Lei 9/1997, do 21 de agosto, de ordenación e promoción do turismo en Galicia, e o Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo, esta Dirección Xeral de Turismo

RESOLVE:

Autorizarlle á axencia de viaxes Halcón Viajes, S.A., do grupo maiorista-retallista, con código identificativo CI-CL37-03 e casa central na praza dos Irlandeses, nº 2, Salamanca, da que é titular Halcón Viajes, S.A., a apertura dun novo establecemento na rúa Alfonso Molina, s/n, Palavea, A Coruña, que poderá exercer a súa actividade mercantil a partir da data de publicación desta orde no DOG, con suxeición ao preceptuado no Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo. A dita

axencia quedará inscrita no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Previamente, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

Todo iso sen prexuízo da posibilidade de interpoñer recurso extraordinario de revisión nos supostos e prazos previstos no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2004.

P.D. (Orde 12-1-1998)

María A. Antón Vilasánchez

Directora xeral de Turismo

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL