DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 29 de outubro de 2004 Páx. 14.743

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2004 sobre autorización de apertura dun novo establecemento da axencia de viaxes Viajes Ecuador, S.A., sito na rúa San Domingos, número 1, Vigo.

Examinado o expediente instruído por instancia de Carlos Suárez Cayero, na súa calidade de representante legal da entidade mercantil Viajes Ecuador, S.A., titular da axencia de viaxes Viajes Ecuador, S.A., do grupo maiorista-retallista, con código de identificación CIE 68 e casa central na Gran Vía, nº 81, Bilbao, en solicitude de autorización de apertura dun novo establecemento na rúa San Domingos, nº 1, Vigo.

Resultando que coa referida solicitude se achegou toda a documentación que se indica no Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo.

Considerando que na empresa solicitante e no novo establecemento da axencia de viaxes concorren todas as condicións exixidas polo mencionado decreto para a obtención da súa autorización.

Considerando que na tramitación do expediente se observaron todos os requisitos e formalidades establecidos legal e regulamentariamente.

Vistos a Lei 9/1997, do 21 de agosto, de ordenación e promoción do turismo en Galicia, e o Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo, esta Dirección Xeral de Turismo

RESOLVE:

Autorizarlle á axencia de viaxes Viajes Ecuador, S.A., do grupo maiorista-retallista, con código identificativo CIE 68, e casa central na Gran Vía, nº 81, Bilbao, da que é titular Viajes Ecuador, S.A., a apertura dun novo establecemento na rúa San Domingos,

nº 1, Vigo, que poderá exercer a súa actividade mercantil a partir da data de publicación desta orde no DOG, con suxeición ao preceptuado no Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo. A dita axencia quedará inscrita no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Previamente, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

Todo iso sen prexuízo da posibilidade de interpoñer recurso extraordinario de revisión nos supostos e prazos previstos no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2004.

P.D. (Orde 12-1-1998)

María A. Antón Vilasánchez

Directora xeral de Turismo