DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 29 de outubro de 2004 Páx. 14.741

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2004, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se aproba o proxecto de execución, se autoriza e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, a instalación eléctrica L.M.T., C.T. e R.B.T. de Figueiras e Rego, no concello de Mondoñedo. (Expediente 10/2003 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por petición de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. con domicilio para os efectos de notificación na rúa Cidade de Viveiro 4, Lugo, que solicita aprobación do proxecto, autorización administrativa e declaración da utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

Cumpridos os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e os ordenados no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Visto que durante o período no que se someteu o expediente ao trámite de información pública se presentou a seguinte alegación:

Jesús Díaz Pita presentou escrito, no que basicamente expón:

-Que é titular de varios predios afectados polo proxecto de referencia, e, en concreto, nas parcelas 48 e 45 A está previsto instalar puntos de apoio fixos para o tendido eléctrico.

-Que á vista do artigo 161 do Real decreto 1955/2000, a liña prevista debe ser instalada sobre o camiño de carro que linda cos citados predios, ou, cando menos, seguindo os lindes dos predios que dan a ese camiño. Así mesmo, sinala que outra posibilidade é modificar a localización do transformador, para que non se vexan gravados tantos predios.

-Fai tamén referencia a outra instalación en baixa tensión para a Casa da Coutada e que tamén podería afectar os mesmos predios.

Das anteriores alegacións deuse traslado á empresa beneficiaria da expropiación, que manifestou o que estimou oportuno na defensa dos seus dereitos e intereses.

Tendo en conta as alegacións realizadas, as manifestacións feitas como contestación a estas por parte da empresa Begasa, o informe elaborado polos servizos técnicos desta delegación provincial sobre a devandita alegación, así como a demais documentación que consta no expediente, esta delegación provincial considera que o alegado por Jesús Díaz Pita non impide continuar coa tramitación e aprobación do proxecto obxecto deste expediente polas seguintes razóns:

-Non cabe a posibilidade de retranquear a liña de media tensión proxectada, para salvar os predios 45 A e 48, dado que se incumpriría o Real decreto 2413/1973, (Regulamento electrotécnico de baixa

tensión) e as instrucións complementarias, en canto ás caídas de tensión admisibles.

-O trazado da liña segue os lindes dos predios que lindan cun camiño público e a alternativa de efectuar a instalación da liña polo camiño suporía o seu soterramento, cun custo superior ao 10% do orzamento da parte da liña afectada, incumprindo os requisitos impostos polo artigo 161 do Real decreto 1955/2000, para considerar admisible a variación.

-A situación do transformador responde a criterios funcionais e técnicos, dando servizo a máis dun usuario, polo que coa súa localización debe evitarse unha excesiva lonxitude na rede de baixa tensión que leve consigo unha antiregulamentaria caída de tensión.

Vista sobre o terreo a traza da liña eléctrica proxectada, obsérvase que ao seu paso polos predios relacionados na información pública, non se dá ningunha limitación sobre os predios en expropiación, aos que se refire o artigo 161 do Real decreto 1955/2000, en relación co artigo 57 da Lei 54/1997.

Sendo competente este organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, o Decreto 36/2001, do 25 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia e vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro e o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

RESOLVO:

Primeiro.-Autorizarlle a Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A. o establecemento da dita instalación eléctrica, coas seguintes características principais:

1. Liña eléctrica de media tensión ao C.T. da Coutada con orixe na L.M.T. existente ao C.T. de Figueiras e remate no C.T. da Coutada cunha lonxitude de 1.140 m en condutor LA-56 en apoios de formigón e torres metálicas tipo C.

2. Liña eléctrica de media tensión ao C.T. de Romeo con orixe no P-3 da L.M.T. ao C.T. da Coutada e remate no C.T. de Romeo cunha lonxitude de 88 m en condutor LA-56 en apoios de formigón e torres metálicas tipo C.

3. Liña eléctrica de media tensión ao C.T. de Croa, con orixe na L.M.T. existente ao C.T. Figueiras e remate no C.T. Croa cunha lonxitude de 460 m en condutor LA-56 en apoios de formigón e torres metálicas tipo C.

4. Centro de transformación intemperie da Coutada de 50 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V.

5. Centro de transformación intemperie de Romeo de 50 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V.

6. Centro de transformación intemperie de Croa de 100 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V.

7. Rede de baixa tensión en A Coutada, Romeo, Canteira, Aldea, Croa e Rego en condutor R.Z.-95 e R.Z.-50 en apoios de formigón.

Segundo.-Declarar a utilidade pública da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sistema eléctrico, da necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente, levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servizo público, ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servizos destes e zonas de servidume pública.

Terceiro.-Prestar aprobación ao proxecto de execución denominado L.M.T., C.T., R.B.T. Figueiras e Rego asinado polo enxeñeiro industrial Jesús Roibas Rodil e visado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Lugo co número 529/2002, con data do 8 de novembro de 2002, unha vez cumpridos os trámites que se sinalan no capítulo II, título VII do citado Real decreto 1955/2000 e visto o contido do informe técnico con data do 5 de xullo de 2004, entendendo que os puntos que nel se recollen non teñen entidade suficiente para non proceder á súa aprobación.

Esta autorización otórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios en relación coas instalacións autorizadas.

Cuarto.-En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, acordo que o representante da Administración dea comezo, en data e hora que a cada interesado se lle notificará individualmente, ao levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos nas relacións publicadas no diario El Progreso con data do 16 de outubro, Diario Oficial de Galicia con data do 14 de novembro e no BOP de Lugo con data do 5 de novembro de 2003, e expostas no taboleiro oficial desta delegación provincial e no taboleiro de edictos do Concello de Mondoñedo. Ata o momento do levantamento das actas previas, poderanse formular as alegacións, por escrito, que se consideren pertinentes para os efectos de rectificar posibles erros na relación de bens afectados, ante esta delegación provincial.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan,

de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Esta resolución non é definitiva na vía administrativa, e contra ela poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación/publicación. Tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere oportuno para a defensa dos dereitos e intereses por parte dos interesados.

Lugo, 16 de setembro de 2004.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO