DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 29 de outubro de 2004 Páx. 14.740

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2004, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 04/648-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Eléctrica de Moscoso, S.L..

Domicilio social: avda. José Antonio, 21, 36830 A Lama.

Denominación: L.M.T., C.T. Trabazo.

Situación: concello de Cotobade.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con condutor LA-56 de 801 m de lonxitude, con orixe no apoio 7 da L.M.T., C.T. de Paraños e remate no C.T. que se proxecta, de 160 kVA R.T. 20 kV/400 V, situado en Trabazo, no concello de Cotobade.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 13 de setembro de 2004.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra