DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 29 de outubro de 2004 Páx. 14.739

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 17 de setembro de 2004, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 04/330).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., CC.TT. Mesón de Auga.

Situación: Oleiros.

Descricións técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,26 km, con orixe en apoio nº 16 da L.M.T.

SMC-704, condutor tipo R.H.V., e final no C.T. nº 1 Mesón de Auga (proxectado).

Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 15 kV, cunha loxnitude de 0,592 km, con orixe en cela libre do C.T. nº 1 Mesón de Auga, condutor tipo R.H.V., e final no apoio nº 16 da L.M.T. SMC-704.

Centros de transformación prefabricados nº 1 e nº 2, cunha potencia de 400 kVA, cada un e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V. Concello de Oleiros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071, A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 17 de setembro de 2004.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña