DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 29 de outubro de 2004 Páx. 14.739

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 16 de setembro de 2004, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización e a aprobación do proxecto da execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 04/170).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. e R.B.T. O Seixo II.

Situación: Mugardos.

Descricións técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea, a 15/20 kV, de 925 m de lonxitude, en condutor R.H.Z. 1 de 95 mm Al que parte da L.M.T. derivación a C.T. Boado aéreo (que se eliminará) pasando polo novo C.T. prefabricado de Boado e final no C.T. prefabricado Seixo II, 2 C.T. prefabricados de manobra exterior de 250 kVA C/U en Boado e Seixo II, rede de baixa tensión do C.T. Seixo II de 1.381 m de lonxitude en condutor R.Z. Concello de Mugardos.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071, A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 16 de setembro de 2004.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña