Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T. alimentación a parque empresarial Penapurreira.
Situación: As Pontes de García Rodríguez.
Descricións técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea, a 20 kV, cunha lonxitude de 5.980 m, con condutor R.H.V. 240 mm Al e LA-110, con orixe na subestación de Tesouro (Endesa) e final no polígono Penapurreira.
Centro de transformación prefabricado de 250 kVA de potencia e relación de transformación de 20/0,40-0,23 kV. Concello das Pontes de García Rodríguez.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071, A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 14 de setembro de 2004.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña