DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 29 de outubro de 2004 Páx. 14.737

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 27 de setembro de 2004, do Servizo Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente PO-03090-O-2003 e dous máis).

Por medio desta cédula notifícanselles aos denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras ditadas polo delegado provincial da CPTOPV de Pontevedra, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles saber o dereito que os asiste para interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Transportes, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. No caso de conformidade con estas resolucións, deberán facer efectiva a multa mediante ingreso que debe efectuar en calquera oficina do BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, clave 390005, en Caixa Galicia Cta. Contable 840 código 001 ou en Caixanova Recadación Xunta modelo XTAX, no prazo de 15 días hábiles seguintes ao da firmeza desta resolución, firmeza que se producirá ao non interpoñer recurso de alzada dentro do prazo, e de non facelo así, procederase ao seu cobramento por vía de constrinximento, segundo o prescrito no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro).

Para que conste, e lles sirva de notificación aos citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro) modificada pola Lei 4/1999 citada anteriormente, expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra o 27 de setembro de 2004.

Mª Cruz Tomé Navas

Xefa do Servizo Provincial de Transportes de

Pontevedra

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

PO-03090-O-2003

M-1459-SV

G.C. de Tráfico

Instalaciones Bilkoss, S.L.

Avda. García Barbón, 129

36201 Vigo (Pontevedra)

Circular transportando material de soldadura e ferros, carecendo o vehículo da tarxeta visado de transportes. Carece de distintivos. Servizo privado.

25-9-2003; 18.05; EP-9703; 2.500

Artigo 103 da Lei 16/1987 e artigo 158 do R.D. 1211/1990143 da Lei 16/87, 201 do R.D. 1211/1990150 euros

PO-03197-O-2003

PO-4331-BH

G.C. de Tráfico

Julio Estévez Lorenzo

Cristo, 27-1º

36207 Vigo (Pontevedra)

Circular transportando paquetaria (4 vultos), carecendo de autorización de transportes. Servizo público.

14-10-2003; 15.55; A-9; 157

199 b) do R.D. 1211/1990143 da Lei 16/1987, 201 do R.D. 1211/199030 euros

PO-03667-O-2003

VA-3503-AF

G.C. de Tráfico

Técnicas Construcción Pontevedra

Rúa do Agro-San Salvador, 33 36163 Poio (Pontevedra)

Circular transportando azulexo (50 caixas), sen portar ningun tipo de distintivo no vehículo. Servizo privado.

20-11-2003; 11.30; PO-531; 1.500

Artigo 1 O.M. do 25-10-90

(BOE do 30 de outubro)

Artigo 143.1º a) da Lei 16/1987, do 30 de xullo100 euros