DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 29 de outubro de 2004 Páx. 14.735

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2004, da Dirección Xeral de Urbanismo, sobre aprobación definitiva do proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos necesarios para a execución do Plan Parcial Reformado do Polígono de Esteiro (5ª fase) en Ferrol. (Expediente 115A-2004/2).

Antecedentes.

1º O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), remite o expediente de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos afectados pola execución do Plan Parcial Reformado do Polígono de Esteiro (5ª fase) en Ferrol, de conformidade co disposto no artigo 143.6º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUG).

2º O director xeral do IGVS, por Resolución do 26 de maio de 2004, acordou, de conformidade co disposto no artigo 36 da Lei 6/1998, do 13 de abril, de réxime do solo e valoracións (LRSV), e nos artigos 142.2º e 143 da LOUG, aplicar o procedemento de taxación conxunta e someter o proxecto expropiatorio a información pública polo prazo dun mes, anunciándose no xornal Diario de Ferrol de data 21 de xullo de 2004 e no DOG de data 2 de xuño de 2004.

3º A taxación foi notificada individualmente aos que aparecían como titulares de bens e dereitos no expediente, dándolles traslado literal da correspondente folla de aprezo e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que formularan alegacións no prazo dun mes contado a partir da data de notificación, tal e como sinala o artigo 143.4º da LOUG, e, así mesmo, déuselle audiencia ao concello conforme ao disposto no número 5 do devandito artigo.

4º O director xeral do IGVS, por Resolución do 15 de setembro de 2004, aprobou o informe-proposta sobre as alegacións presentadas e acordou a remisión do expediente á Dirección Xeral de Urbanismo da

Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para a súa aprobación definitiva polo órgano competente.

Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-O proxecto de expropiación forzosa tramitouse polo procedemento de taxación conxunta de conformidade co disposto no artigo 143 da LOUG.

Segundo.-O expediente tramitado conta coa documentación preceptiva exixida polo artigo 143.1º:

-Delimitación do ámbito territorial, cos documentos que o identifican en canto a situación, superficie e lindes, coa descrición de bens e dereitos afectados e a relación dos seus titulares.

-Fixación de prezos coa valoración razoada do solo, segundo a súa cualificación urbanística.

-Follas de prezo xusto individualizado de cada predio, contendo non só o valor do solo, senón tamén, se é o caso, o correspondente ás edificacións, obras, instalacións e plantacións.

-Follas de prezo xusto que corresponden a outras indemnizacións, se é o caso.

Terceiro.-No Concello de Ferrol está vixente o Plan Xeral de Ordenación Municipal aprobado o 28 de decembro de 2000. Na súa disposición adicional primeira refírese ao Polígono Residencial de Esteiro, que continuará desenvolvéndose conforme coas determinacións do planeamento parcial que o regula.

O Plan Parcial do Polígono de Esteiro, en Ferrol, aprobado por orde do Ministerio de Vivenda do 30 de marzo de 1974 e modificado por Orde do 4 de febreiro de 1977, foi obxecto de posterior reforma, dando lugar ao Plan Parcial Reformado que foi aprobado definitivamente por acordo do Pleno Municipal do 31 de xaneiro de 1984. O sistema de actuación previsto é o de expropiación, tendo sido aprobados con anterioridade varios proxectos de expropiación dos que o presente ten carácter complementario.

Á vista do dito e de acordo co establecido nos artigos 98 e 140 da LOUG, en relación co artigo 33 da LRSV, resulta acreditada a utilidade pública e a necesidade de ocupación dos bens afectados.

Cuarto.-O IGVS utilizou os criterios de valoración do título III da LRSV.

Quinto.-A competencia para aprobar o expediente de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta correspóndelle, por delegación, ao director xeral de Urbanismo, de acordo co artigo 9.1º d) da Orde do 6 de marzo de 2003, do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda (DOG do 12 de marzo).

Na súa virtude, vista a Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, a Lei 6/1998, do 13 de abril, sobre réxime do solo e valoracións, e as demais disposicións aplicables,

RESOLVO:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de expropiación forzosa polo procedemento de taxación

conxunta dos bens e dereitos necesarios para a execución do Plan Parcial Reformado do Polígono de Esteiro (5ª fase) en Ferrol, para os efectos previstos polos artigos 143 e 144 da LOUG, con estimación ou desestimación das alegacións nos termos que aparecen no informe emitido respecto delas, que consta no expediente.

Esta aprobación definitiva do expediente de taxación conxunta implicará a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación de conformidade co establecido no artigo 144.1º da LOUG.

En consecuencia, o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos números 6, 7 e 8 do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación do prezo xusto (artigo 144.2º da LOUG).

Segundo.-Notificar o contido desta resolución aprobatoria do expediente ao concello, ao IGVS, e de xeito individualizado a todos os que aparezan como titulares de bens ou dereitos afectados que figuran no expediente, aos que se lles xuntará a correspondente folla de valoración, conferíndolles un prazo de vinte días durante o cal poderán manifestar por escrito ante esta Dirección Xeral de Urbanismo a súa desconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado, conforme dispón o artigo 143.7º da LOUG, advertíndolles que transcorrido o citado prazo de vinte días sen que se formule oposición á valoración, entenderase aceptada a que se fixou no acto aprobatorio do expediente, entendéndose determinado o prezo xusto definitivamente e de conformidade (artigo 143.8º da LOUG).

Terceiro.-Publicar a presente resolución no Diario Oficial de Galicia, e no taboleiro de edictos do concello.

Relación de bens e dereitos afectados pola expropiación

Ref. catastral

Nº predio

Polígono

Parcela

Propietario

Enderezo

Superficie a

expropiar m

Outros

bens

Valoración

euros

33750310Víctor, José e Sofía Corral PortoEstrada Castela, 375, portal B, 2º dta., Ferrol (15404)70-4.006,49

15385068María Manuela Barros PazEstrada San Juan, 12, Ferrol (15404)37-2.117,71

193850615Elena Peña Picado e María Elena Picado LópezR/ Real, 83-1º A, Ferrol (15402)175-10.016,21

233850618Rosa López Sas e Teófilo López LópezR/ Tejeras, bloque 22, portal 22 C, 2º esqda., Ferrol (15406)

R/ Perú, 3-5, 3º, Ferrol (15404)

215Casa B+134.278,75

243850619Divina, Javier-José, Colón-Antonio e José-María Alvariño PeñaR/ Real, 83-1º A, Ferrol (15402)510Casa B+151.741,46

24-A3850620(1/5) Aida-Genoveva, Antonio, Manuel-José e Mª Isabel Peña Brea;

(4/5) Mª Carmen-Raquel Morandeira López;

e herdeiros de José-Ramón Peña Penelas

R/ Real, 83-1º A, Ferrol (15402)

R/ Arquitecto Rey Pedreira, 4-7º B, A Coruña (15011)

R/ Real, 83-1º A, Ferrol (15402)

204-11.676,04

26-13850620Aida-Genoveva, Antonio, Manuel-José e Mª Isabel Peña BreaR/ Real, 83-1º A, Ferrol (15402)180-10.302,39

26-23850620Mª Carmen-Raquel Morandeira López e herdeiros de José Ramón Peña PenelasR/ Arquitecto Rey Pedreira, 4-7º B, A Coruña (15011)

R/ Real, 83-1º A, Ferrol (15402)

200-11.447,10

Así mesmo, a publicación e exposición no taboleiro de edictos do concello servirá de notificación aos propietarios descoñecidos, aos que se ignore o lugar de notificación, ou ben, tramitada a notificación, non se puidese realizar. Todo isto de acordo co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Cuarto.-Igualmente, notificaráselle o contido desta resolución ao fiscal xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia para os efectos establecidos no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, en relación cos propietarios descoñecidos e os non comparecentes no procedemento expropiatorio.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa poderase interpoñer recurso contencioso administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día

seguinte ao da notificación, segundo o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa (LXCA). Así mesmo, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución (artigo 116, 117 e 48 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (LRXAP)); para o caso de que se interpoña o recurso potestativo de reposición, ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta, non se poderá interpoñer o recurso contencioso administrativo (artigo 116 da LRXAP).

No suposto do que o interesado sexa unha administración pública, no lugar do recurso de reposición poderá dirixir ao órgano competente no prazo de

dous meses o requirimento previo previsto no artigo 44 LXCA.

Todo isto sen prexuízo de que, no caso de desconformidade coa valoración establecida, os interesados dispoñen dun prazo de vinte días para manifestar a súa desconformidade como se indicou no punto segundo desta resolución, nos termos establecidos polo artigo 143.7º e 8º da LOUG.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2004.

Martín Fernández Prado

Director xeral de Urbanismo