DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 29 de outubro de 2004 Páx. 14.733

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2004, da Dirección Xeral de Tributos, pola que se sinala a data dunha poxa de bens inmobles.

Autorizado por acordo desta dirección xeral, de data 19 de abril de 2004, o alleamento en pública poxa dos bens inmobles embargados no procedemento de constrinximento pola Zona de Recadación de Vigo como da propiedade do debedor Elvira María García Cambón Fernández con NIF 36135781-K que a continuación se describen:

Lote 1:

25% do pleno dominio da urbana 245. Vivenda piso sen anexos, sito na rúa Julia Minguillón 4, 6ºI, en Vigo, cunha superficie útil de 83,13 m. Cota 0,54%. Referencia catastral 4266001NG2736N0323. Linda, norte: con fachada principal, sur: con corredor, leste: con corredor letra J) do seu andar, oeste: con caixa de escaleira e pola terraza coa do piso Ñ) do seu mesmo andar. Predio 49.147, inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 de Vigo, tomo 693, libro 693, folio 116, alta 8ª.

Valor: 31.198,48 A.

Cargas: sen cargas.

Tipo: 31.198,48 A.

Lote 2:

25% da urbana 73: garaxe sito na rúa Julia Minguillón nº 4, soto, en Vigo, superficie útil 14,85 m. Cota 0,06%. Linda, norte: con vestíbulo, sur: con corredor de manobra, leste: co nº 72, oeste: con escaleiras de acceso ao soto superior. Predio 48.975, inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 de Vigo, tomo 693, libro 693, folio 119, alta 8ª.

Valor: 2.500 A.

Cargas: sen cargas.

Tipo: 2.500 A.

Lote 3:

25% do local comercial sito na rúa Elduayen nº 43, planta baixa, en Vigo, referencia catastral 2664018NG2726S0001XH, superficie útil 145 m. División horizontal: cota 33,33, nº de orde 1. Linda, norte: rúa Elduayen, sur: rúa Herrería, leste: bens

herdeiros de Balbina Sarmiento e oeste: herdeiros de Benito Salveiro. Predio 67.222, inscrito no Rexistro da Propiedade nº 5 de Vigo, tomo 1117, libro 1117, folio 31, alta 4.

Valor: 43.276,37 A.

Cargas: 271.278,35 francos suízos, equivalentes a 175.018,29 A, (data do cambio 27-9-2004).

Tipo: 17.234,28 A.

Lote 4:

Vivenda na rúa Canido nº 6 baixo, porta C21, apartamento C-21, complexo residencial La Foz en Vigo, referencia catastral 8225904NG1782N0015, superficie útil 98 m. Division horizontal: cota 4,17. Lindes norte: praia mar e zonas comúns dedicada a xardín e paso, sur: zonas comúns, leste: zonas comúns e apartamento C20, oeste: zonas comúns do complexo. Predio 17.480, inscrito no Rexistro da Propiedade nº 3 de Vigo, tomo 1863, libro 928, folio 1, alta 11ª.

Valor: 115.448,59 A.

Cargas: 31.478,64 A.

Tipo: 83.969,95 A.

De conformidade coa competencia atribuída polo artigo 7.1º f) do Decreto 51/2000, do 25 de febreiro, polo que se establece a organización recadatoria da Xunta de Galicia e o Estatuto dos recadadores de zona,

DISPOÑO:

Que o día 16 de novembro de 2004 ás 10.00 horas, nos locais da Zona de Recadación de Vigo r/ Areal nº 62, local 3, baixo a presidencia do delegado territorial da Consellería de Economía e Facenda de Vigo, se celebre a dita poxa.

Así mesmo, e en cumprimento do disposto no artigo 146 do Regulamento xeral de recadación, faise constar o seguinte:

1º Que consta en poder da Zona de Recadación de Vigo o expediente de constrinximento no que consta a titularidade dos bens poxados e o estado das súas cargas e gravames, onde poden ser examinados, debendo conformarse con eles, sen ter dereito a exixir outros, e que as cargas e gravames subsistentes, se os houbese, ao crédito dos executantes, continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

2º Que a poxa se suspenderá en calquera momento anterior á adxudicación de bens, se se fai o pagamento da débeda, xuros e custas do procedemento.

3º Os licitadores poderán enviar ou presentar as súas ofertas en sobre pechado desde o anuncio de poxa ata unha hora antes do comezo desta, sen prexuízo de que poidan participar persoalmente na licitación con ofertas superiores á do sobre. As ditas

ofertas, que terán o carácter de máximas, serán rexistradas no Rexistro da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Vigo, e deberán ir acompañadas de cheque conformado, estendido a favor do Tesouro da Facenda Pública de Galicia polo importe do depósito.

4º Que todo licitador deberá constituír ante a mesa de poxa o preceptivo depósito de garantía, que será polo menos do 20 por 100 do tipo daquela, coa advertencia de que o dito depósito se ingresará en firme no Tesouro se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, sen prexuízo das responsabilidades en que incorrerán polos maiores prexuízos que sobre o importe orixine a inefectividade da adxudicación.

5º No caso de que non resulten adxudicados os bens nunha primeira licitación, a mesa de poxa poderá realizar unha segunda licitación, se o xulga procedente, fixando o novo tipo de poxa no 75% do importe da primeira licitación, ou ben anunciará a iniciación do trámite de adxudicación directa que se levará a cabo de acordo co artigo 150 do Regulamento xeral de recadación.

6º Que o rematante ten a obriga de entregar no acto da adxudicación ou dentro dos cinco días seguintes, a diferenza entre o depósito constituído e o prezo de adxudicación.

7º Se quedasen bens sen adxudicar, iniciarase o trámite de adxudicación directa, por un prazo máximo de seis meses, podéndose presentar ofertas en sobre pechado, a partir dese momento, á mesa de poxa.

A mesa de poxa abrirá as ofertas presentadas o remate do prazo do mes desde o seu inicio, podendo proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. En caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas, ou mellora das xa existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento, e así sucesivamente co límite total de seis meses.

O prezo mínimo de adxudicación directa será o tipo de poxa en primeira licitación cando non se considerase procedente celebrar unha segunda licitación; se existise segunda licitación non haberá prezo mínimo.

8º A Consellería de Economía e Facenda reserva para si o dereito de pedir a adxudicación para a Comunidade Autónoma de Galicia, do ben que non fose obxecto de venda, conforme o establecido no artigo 158 do Regulamento xeral de recadación.

9º Este procedemento iniciouse antes do 1 de xullo de 2004, data de entrada en vigor da vixente Lei xeral tributaria 58/2003, e segundo a disposición tributaria terceira, punto primeiro dela, os procedementos tributarios iniciados antes da data de entrada en vigor desta lei, rexeranse pola normativa anterior á dita data ata a súa conclusión.

En aplicación do indicado, o procedemento de constrinximento só se suspenderá nos termos e condicións sinalados nos artigos 135 e 136 da Lei xeral tributaria 230/1963 e 101 do Regulamento xeral de recadación.

En todo o non previsto neste anuncio seguirase o preceptuado nas disposicións legais que regulen o acto.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2004.

Joaquín Caballero Miranda

Director xeral de Tributos

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA