DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 29 de outubro de 2004 Páx. 14.732

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2004 pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, tramitación ordinaria, para a contratación das obras de reforma do segundo andar da Delegación Territorial desta consellería na Coruña.

A Consellería de Economía e Facenda anuncia concurso público, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación das obras de reforma do segundo andar da Delegación Territorial desta consellería na Coruña:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Economía e Facenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral e do Patrimonio.

c) Nº de expediente: 27/2004.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: obras.

b) Descrición do obxecto: contratación das obras de reforma do segundo andar da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda na Coruña.

c) Lugar de execución: praza de Pontevedra, nº 22 (A Coruña).

d) Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: douscentos dez mil setecentos nove euros con sesenta e catro céntimos, IVE incluído (210.709,64 A), distribuído nas seguintes anualidades:

2004: 110.709,64 A.

2005: 100.000 A.

5. Garantía provisional.

Exenta, ao abeiro do establecido no artigo 35.1º do Real decreto lexistativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

6. Obtención de documentación.

a) Entidade: Secretaría Xeral e do Patrimonio. Servizo de Xestión Económica e Control Orzamentario.

b) Enderezo: edificio San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 95 72 83.

e) Telefax: 981 54 41 25.

f) Data límite de obtención de documentos: será a mesma que para a presentación de ofertas.

7. Obtención de información.

a) Entidade: Consellería de Economía e Facenda. Servizo de Xestión Económica e Control Orzamentario.

b) Enderezo: edificio San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 95 72 83.

e) Telefax: 981 54 41 25.

f) Data límite de obtención de información: será a mesma que para a presentación de ofertas.

8. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo C, subgrupos 4 e 6, categoría e.

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 26 días naturais, contados desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada nas cláusulas 8.1 e 8.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda, ou por correo, na forma establecida no artigo 80 do Regulamento xeral de contratación do Estado; edificio San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

e) Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes ou alternativas.

10. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Economía e Facenda.

b) Enderezo: edificio San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: ás 10.00 horas do quinto día natural seguinte ao de remate do prazo de presentación de ofertas.

11. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

12. Páxina web onde figuran as informacións relativas a esta convocatoria.

www.xunta.es/contratación/

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2004.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda