DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 29 de outubro de 2004 Páx. 14.732

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (722/2003).

Mercedes Rodríguez Fraga, secretaria do Xulgado do Social número dous dos de Santiago de Compostela, fago saber que neste Xulgado do Social se segue procedemento número 722/2003 por instancia de Fernando Iglesias Couto contra a empresa Estructuras Galicia Creciente, S.L. e Fogasa, sobre cantidade, estando o acto de conciliación e xuízo sinalado para o vindeiro día 17 de novembro de 2004, ás 10.50 horas; cítase en única convocatoria a empresa Estructuras Galicia Creciente, S.L., que tivo o seu enderezo no lugar da Pousa, Vilar, Garabelos, nº 6, Crecente, Pontevedra, e hoxe en paradoiro descoñecido, para que, acompañada de todos os medios de proba de que tente valerse, compareza neste xulgado, sito na r/ Viena, polígono das Fontiñas, co fin de asistir á celebración do acto de conciliación e xuízo correspondente. Advírtese que as sucesivas dilixencias se lle notificarán nos estrados deste xulgado, agás aquelas que expresamente exceptúa a Lei de procedemento laboral e fáiselle saber que

a copia da demanda está á súa disposición na Secretaría deste xulgado. Requírese a referida empresa para que no acto de xuízo achegue o libro de matrícula de persoal e os TC-1 e TC-2 do último ano. Cítase, así mesmo, o representante legal da referida empresa cos apercibimentos do artigo 91.3º da Lei de procedemento laboral, en relación co artigo 304 da LAC en relación co artigo 292 da mencionada lei.

E para que conste e lle sirva de notificación, citación e requirimento á empresa Estructuras Galicia Creciente, S.L., expídese este edicto en Santiago de Compostela o 21 de outubro de 2004.

A secretaria xudicial

Rubricado