DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 29 de outubro de 2004 Páx. 14.730

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2004, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se fan públicas as resolucións dos tribunais que xulgarán o procedemento selectivo de acceso ao corpo de inspectores de Educación na que se anuncian as datas, as horas e os lugares en que se fará a presentación dos aspirantes e tamén as datas, as horas e os lugares en que terán lugar a proba de coñecementos de lingua galega e o primeiro exercicio (primeira e segunda parte).

De acordo coa base común 6 da Orde do 28 de maio de 2004 (Diario Oficial de Galicia do 1 de xuño) e o punto segundo da Orde do 22 de xuño de 2004 (Diario Oficial de Galicia do 1 de xullo), pola que se convocaba procedemento selectivo de acceso ao corpo de inspectores de Educación e se modifica esta orde, estes tribunais, de conformidade coas instrucións da Dirección Xeral de Persoal, acordan o seguinte:

Primeiro.

-Acto de presentación:

Data: 8 de novembro de 2004.

Hora: 10.00.

-Proba de coñecementos de lingua galega:

Data: 8 de novembro de 2004.

Hora: 12.00.

-Primeira proba:

Data: 10 de novembro de 2004.

Hora: 16.00.

Lémbrase que, de conformidade co punto 6.3 da Orde do 28 de maio de 2004, a asistencia ao acto de presentación é obrigatoria e decaerán nos seus dereitos os aspirantes que non comparezan.

Segundo.-Os tribunais actuarán nos seguintes lugares:

* Educación infantil, educación primaria.

IES Monte de Conxo; rúa Rosalía de Castro 133, Santiago de Compostela.

* Pedagoxía e psicoloxía.

IES As Fontiñas; rúa Estocolmo 5, Santiago de Compostela.

* Tecnoloxía e formación profesional, matemáticas, ciencias, educación física e deportes e educación artística.

IES de Sar; rúa Curros Enríquez s/n, Santiago de Compostela.

* Humanidades, lingua, lingua estranxeira e lingua galega.

IES A Pontepedriña; rúa Amor Ruibal (A Pontepedriña), Santiago de Compostela.

Terceiro.-De conformidade coa resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 30 de xaneiro de 2004 (Diario Oficial de Galicia do 4 de febreiro), a orde de actuación dos aspirantes virá determinada pola orde alfabética do primeiro apelido que comece pola letra D.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2004.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Persoal