DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 29 de outubro de 2004 Páx. 14.728

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2004, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas provisorias para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no Decreto 217/2003, do 11 de abril, correspondente á categoría 003 (ordenanza e outras) do grupo V, de conformidade co establecido na Resolución do 17 de novembro de 2003.

Rematado o prazo fixado pola resolución da Dirección Xeral da Función Pública, do 17 de novembro de 2003 (DOG nº 228, do 24 de novembro), de presentación de solicitudes para a elaboración das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas polo Decreto 217/2003, do 11 de abril, e á vista das solicitudes presentadas para a categoría 003 (ordenanza e outras) do grupo V, e unha vez baremada e elaborada polas comisións permanentes a lista nas correspondentes sesións, a Dirección Xeral da Función Pública

RESOLVE:

Primeiro.-Facer pública a lista provisoria para a cobertura, con carácter temporal, de postos de traballo reservados a persoal laboral correspondentes á categoría 003 (ordenanza e outras) do grupo V da Xunta de Galicia. A lista estará exposta na forma que a seguir se indica:

-Solicitantes admitidos na lista con indicación da puntuación.

-Solicitantes excluidos con expresión da causa de exclusión.

Segundo.-A citada lista atópase exposta nos taboleiros de anuncios do Servizo de Información e Atención ao Cidadán da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia. Así mesmo, os ditos datos poderán consultarse nas páxinas oficiais da internet da Xunta de Galicia.

Terceiro.-De conformidade co disposto no artigo 8.4º do Decreto 217/2003, do 11 de abril, os interesados disporán dun prazo de 5 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta

resolución no DOG, para a emenda de erros e, se é o caso, para formular as oportunas alegacións, que irán dirixidas á Comisión Permanente Central de Selección de Persoal Laboral (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, edificios administrativos de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Unha vez transcorrido o prazo citado con anterioridade, se é o caso, levaranse a efecto as emendas procedentes, dándoselle a oportuna publicidade.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2004.

Milagros Vázquez Tenorio

Directora xeral da Función Publica