DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 29 de outubro de 2004 Páx. 14.727

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 14 de outubro de 2004, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o acceso á categoría 050 (técnico especialista en xardín de infancia) do grupo III do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, pola que se fan públicas as puntuacións do primeiro exercicio da fase de oposición.

Advertido erro na Resolución do 14 de outubro de 2004, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o acceso á categoría 050 (técnico especialista en xardín de infancia) do grupo III do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, pola que se fan públicas as puntuacións do primeiro exercicio da fase de oposición, publicada no Diario Oficial de

Galicia nº 205, do 21 de outubro de 2004, cómpre facer a seguinte corrección:

No punto 2, onde di: «Desestimar as reclamacións realizadas ás preguntas número 11, 15, 16, 20, 21, 22, 25, 30, 32, 33, 35 e 47 correspondentes ao primeiro exercicio da fase de oposición, sistema de acceso libre», debe dicir: «Desestimar as reclamacións realizadas ás preguntas número 11, 15, 16, 20, 22, 25, 30, 32, 33, 35 e 47 correspondentes ao primeiro exercicio da fase de oposición, sistema de acceso libre».