DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 29 de outubro de 2004 Páx. 14.717

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 21 de outubro de 2004 pola que se conceden os premios para o fomento da recollida de pilas en Galicia.

Por Orde do 18 de decembro de 2003 (publicada no DOG nº 2, do 5 de xaneiro) foron convocados os premios para o fomento da recollida de pilas usadas en Galicia.

No artigo 6 da citada orde prevese que para a concesión dos premios se calculará a taxa de quilos recollidos por alumno matriculado, nas distintas categorías, segundo a seguinte fórmula: total de quilos recollidos por colexio/ total de alumnos matriculados no colexio.

Os premios concederanse aos colexios que acrediten unha maior taxa de recollida de pilas usadas, e por categorías.

Por tanto, en uso das atribucións conferidas no artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei 11/1998, do 20 de outubro, en relación cos artigos 27.30ª e 30 do Estatuto de autonomía de Galicia e o Decreto 106/2004, do 4 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente

RESOLVO:

Artigo 1º

De acordo co disposto na Orde do 18 de decembro de 2003, concédense os premios aos colexios que se relacionan no anexo desta orde.

Artigo 2º

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e será comunicada persoalmente aos premiados.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2004.

José Manuel Barreiro Fernández

Conselleiro de Medio Ambiente

ANEXO

Categoría A. Centros educativos cun número de alumnos matriculados no curso 2003-2004 inferior a 50.

1º premio3.000 eurosEEI de BaiucaCatoira

2º premio2.500 eurosSan Xerome EmilianiA Guarda

3º premio2.000 eurosAspanaesAs Pontes de García Rodríguez

Categoría B. Centros educativos cun número de alumnos matriculados no curso 2003-2004 entre 50 e 300.

1º premio3.000 eurosCEIP de NadelaLugo

2º premio2.500 eurosCEIP Celso CurrásTrabada

3º premio2.000 eurosCEIP A SangriñaA Guarda

4º premio1.500 eurosCEIP Santo Estevo de PargaGuitiriz

5º premio1.000 eurosCEIP O RamoFene

6º premio500 eurosCEIP Manuel Vidal PortelaPontevedra

Categoría C. Centros educativos cun número de alumnos matriculados no curso 2003-2004 superior a 300.

1º premio3.000 eurosColexio La InmaculadaPonteareas

2º premio2.500 eurosCEIP O PiñeiriñoVilagarcía de Arousa

3º premio2.000 eurosCEIP Escultor AcuñaVigo

4º premio1.500 eurosCEIP Seis do NadalVigo

5º premio1.000 eurosColexio Divina Pastora - MM FranciscanasOurense

6º premio500 eurosIES A SangriñaA Guarda