DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 29 de outubro de 2004 Páx. 14.717

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 28 de setembro de 2004 pola que se aproba o deslindamento parcial dos montes veciñais en man común das parroquias de Combarro e San Xoán, pertencentes ás comunidades do mesmo nome do concello de Poio (Pontevedra).

Advertido erro na Orde do 28 de setembro de 2004, publicada no DOG número 196, do xoves 7 de outubro de 2004, é necesario facer a seguinte corrección:

Na páxina nº 13.775, no primeiro parágrafo, onde di: «en dirección SL ata alcanzar o k e en dirección L ata os piquetes nº 1 e o nº 7», debe dicir: «en dirección SL ata alcanzar o k e en dirección L ata os piquetes l (ele) e o nº 7».