DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 29 de outubro de 2004 Páx. 14.716

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 19 de outubro de 2004 pola que se autoriza o cambio de titularidade do centro privado Manuela Rial Mouzo de Cee (A Coruña).

Examinado o expediente que presenta o centro privado Manuela Rial Mouzo de Cee (A Coruña), código 15003200, no que solicita o cambio de titularidade.

Resultando que mediante escritura pública notarial se acredita que a titularidade do centro privado Manuela Rial Mouzo de Cee corresponde a Colegio Rial Mouzo, S.L. Unipersonal.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, que se remite cos informes correspondentes.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4 de outubro), de ordenación xeral do sistema educativo; a Lei orgánica 10/2002, do 23 de decembro (BOE do 24 de decembro), de calidade da educación; o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22 de maio), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Considerando que concorren no expediente os requisitos exixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ao solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa,

DISPÓN:

Autorizar o cambio de titularidade do centro privado Manuela Rial Mouzo de Cee (A Coruña) a favor de Colegio Rial Mouzo, S.L. Unipersonal, con todos os dereitos e obrigas contraídas polo cesionista Marcelo Catro-Rial Canosa, sen prexuízo das responsabilidades que puidesen recaer sobre o anterior titular do centro por actos ou omisións realizados antes do cambio de titularidade que se autoriza.

O cambio de titularidade non afectará ao réxime de funcionamento do centro.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2004.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria