DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 29 de outubro de 2004 Páx. 14.715

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 5 de outubro de 2004 pola que se autoriza a apertura e posta en funcionamento do centro autorizado de música profesional Hodiguitria II de Santiago de Compostela (A Coruña), para impartir, con carácter definitivo, as ensinanzas do grao medio de música.

O Estatuto de autonomía de Galicia establece a competencia plena desta Comunidade Autónoma para o regulamento e administración do ensino en

toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades; competencias que lle están atribuídas á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria nos termos que figuran no artigo 2 do Decreto 114/1982, do 1 de setembro, sobre asunción de transferencias en materia educativa, e no artigo 1 do Decreto 454/2003, do 26 de decembro, (DOG do 19 de xaneiro de 2004), polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Mercedes Elisa Seoane Puig, solicita autorización de apertura e posta en funcionamento para impartir,

con carácter definitivo, as ensinanzas do grao medio de música que establece a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, de acordo co procedemento disposto no Decreto 253/1995, do 29 de setembro, sobre autorización a centros docentes privados para impartir ensinanzas artísticas (DOG do 11 de outubro).

A Delegación Provincial da Coruña informa do cumprimento efectivo dos requisitos mínimos que establece o Real decreto 389/1992, do 15 de abril (BOE do 28 de abril), para os centros que impartan as ensinanzas artísticas regradas previstas no capítulo primeiro do título II da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, e que a estrutura e planificación académica do centro se axusta ao disposto no Decreto 253/1993, do 29 de xullo (DOG do 25 de outubro), polo que se establece o currículo do grao elemental e do grao medio das ensinanzas de música e o acceso aos ditos graos, modificado e ampliado polo Decreto 179/2003, do 27 de febreiro.

Cumpridos todos os trámites regulamentarios e tendo en conta o anteriormente exposto, esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autorizar a apertura e posta en funcionamento do centro autorizado de música profesional Hodiguitria II de Santiago de Compostela (A Coruña), para impartir, con carácter definitivo, as ensinanzas correspondentes ao grao medio de música establecidas na Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, segundo os datos que figuran no anexo a esta orde.

Segundo.-En cumprimento do que establece a disposición adicional terceira do Decreto 253/1995, do 29 de setembro, o centro autorizado de música Hodiguitria II de Santiago de Compostela, queda adscrito, para efectos administrativos, ao Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela.

Terceiro.-Esta autorización para impartir as ensinanzas do grao medio de música terá efectos a partir do curso académico 2004-2005.

Cuarto.-A Delegación Provincial da Coruña, logo do informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación do persoal que imparta docencia no centro autorizado.

Quinto.-O mencionado centro queda obrigado ao cumprimento da lexislación vixente e solicitar a oportuna revisión da autorización cando teña que modificarse calquera dos datos sinalados na presente orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116

e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa e a de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais para ditar as medidas necesarias para o desenvolvemento da presente orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2004.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Santiago de Compostela.

Localidade: Santiago de Compostela.

Enderezo: r/ San Roque nº 6.

Código do centro: 15032443.

Titular: Mercedes Elisa Seoane Puig.

Denominación xenérica: centro autorizado de música profesional.

Denominación específica: Hodiguitria II.

Número de postos escolares autorizados: grao medio: 180.