DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 29 de outubro de 2004 Páx. 14.710

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 24 de setembro de 2004 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 23 de setembro de 2004, polo que se aproba a nova relación de postos de traballo da Consellería de Innovación, Industria e Comercio e do organismo autónomo Instituto Galego de Consumo.

Advertidos erros na Resolución do 24 de setembro de 2004, publicado no DOG nº 196, do xoves 7 de outubro de 2004, cómpre facer as oportunas correccións:

-Na páxina 13.759, onde di: «Resolución do 24 de setembro de 2004 pola que se aproba a nova relación de postos de traballo da Consellería de Innovación, Industria e Comercio e do organismo autónomo Instituto Galego de Consumo», debe dicir: «Resolución do 24 de setembro de 2004 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 23 de setembro de 2004, polo que se aproba a nova relación de postos de traballo da Consellería de Innovación, Industria e Comercio e do organismo autónomo Instituto Galego de Consumo».

-Na páxina 13.770, no Centro de Destino «DELEGACIÓN PROVINCIAL A CORUÑA» no posto «IC.C99.10.000.15001.084.-AUXILIAR DE LABORATORIO» na columna «Complemento singularidade», onde di: «878,52», debe dicir: «896,04».