DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 29 de outubro de 2004 Páx. 14.709

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 20 de outubro de 2004 pola que se nomean novos membros do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación do S.N. de CC.OO de Galicia.

De acordo co disposto no artigo 4 da Lei 7/1988, do 12 de xullo (DOG do 26 de xullo), de creación do Consello Galego de Relacións Laborais, as organizacións sindicais e empresariais designarán aos seus membros representativos, que serán nomeados polo conselleiro de Traballo e Benestar Social.

Facendo uso da posibilidade de substitución, que recolle o artigo 5 da dita lei, o S.N. de CC.OO de Galicia acordou a substitución dos seus membros suplentes, da súa representación no consello.

A disposición adicional primeira do Decreto 212/2003, do 3 de abril (DOG do 11 de abril), polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais sinala que «a Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais exercerá as funcións asignadas á extinta Consellería de Traballo e Benestar Social pola Lei 7/1988, do 12 de xullo, de creación do Consello Galego de Relacións Laborais».

Por todo o exposto, ao abeiro do artigo 4 da referida Lei 7/1988, e en uso das atribucións que teño conferidas,

DISPOÑO:

Artigo primeiro.-Nomear membros suplentes do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación do S.N. de CC.OO de Galicia, a Victoria Quivén Puente, en substitución de Teresa Pérez Pardo, e a Nicolás Pato Pérez, en substitución de Juan Carlos Rodríguez Gesto.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2004.

Belén Prado Sanjurjo

Conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e

Relacións Laborais

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA