DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 28 de outubro de 2004 Páx. 14.696

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de contratación.

Por medio desta resolución convócase concurso para a contratación das seguintes obras e conforme as características que se sinalan a seguir:

Obra

Orzamento contrataPrazo execuciónClasificación exixida

Nº 393 P.O.L. 2004 Pantón. Saneamento en Mañente, terminación66.000 A6 mesesNon se exixe

Nº 394 P.O.L. 2004 Pedrafita do Cebreiro. Reforma da rede de saneamento núcleo urbano de Pedrafita100.000 A6 mesesNon se exixe

Nº 400 P.O.L. 2004 Vilalba. Urbanización barrio da Revolta96.191,77 A6 mesesNon se exixe

Nº 401 P.O.L. 2004 Xove. Saneamento en Ponte do Carro, Lamas e Ventoselle90.151,82 A6 mesesNon se exixe

Nº 402 P.O.L. 2004 Abadín, Moncelos-Carrizal. Alargamento e mellora. Explotación e afirmado, p.k. 0,00-0,3073.000 A2 mesesNon se exixe

Nº 404 P.O.L. 2004 Castro de Rei. Feira do Monte-Castro. Afirmado. Terminación. Variante de Triabá, p.k. 6,20-7,38120.000 A3 mesesNon se exixe

Nº 133 P.O.S. 2004 Sober. Acdtº da intersección da C.P. Sober-Gundivós coa C.P. Sober-Monforte90.000 A2,5 mesesNon se exixe

Características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Deputación Provincial de Lugo.

b) Dependencia: Servizo de Plans e Contratación.

2. Obxecto do contrato.

A execución das obras sinaladas ao comezo do anuncio.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

O que se sinala ao comezo do anuncio.

5. Garantías.

a) Provisoria: o 2% sobre o orzamento do contrato.

b) Definitiva: o 4% sobre o importe de adxudicación.

Ambas as dúas fianzas deberán constituírse na Tesouraría Provincial.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Deputación Provincial de Lugo.

b) Domicilio: rúa San Marcos, s/n.

c) Localidade e código postal: Lugo, 27001.

d) Teléfono: 982 26 00 78.

e) Fax: 982 26 01 67.

f) Data límite de obtención da documentación: ata o día anterior ao remate do prazo de presentación.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: a que se indica no encabezado (de ser exixible).

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados desde o día seguinte á publicación deste edicto, no Diario Oficial de Galicia, se o último día coincide en domingo ou festivo: o día seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de condicións baixo a rúbrica: contido de proposicións.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral das 10.00 ás 14.00 horas.

1. Entidade: Deputación Provincial de Lugo.

2. Domicilio: rúa San Marcos, s/n.

3. Localidade e código postal: Lugo, 27001.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: 3 meses.

e) Non se admiten variantes ao proxecto aprobado, agás no prazo de execución.

Exixirase rigorosamente o cumprimento do prazo de execución ofertado polo contratista e o seu incumprimento dará lugar á resolución do contrato.

f) A verificación de suficiencia farase especificamente para este concurso.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Deputación Provincial de Lugo.

b) Domicilio: rúa San Marcos, s/n.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o cuarto día hábil seguinte ao remate do prazo de presentación, agás os sábados.

e) Hora: ás 12.00 horas.

10. Outras informacións.

Nos teléfonos indicados.

11. Gastos de anuncios.

Serán por conta dos adxudicatarios.

12. Financiamento.

As obras do programa operativo local, obxectivo 1 que figuran nesta relación financiáronse nun 70% con fondos Feder da Unión Europea.

Lugo, 22 de outubro de 2004.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo