DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 28 de outubro de 2004 Páx. 14.695

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de exposición pública do proxecto de compensación da U.E. I-06 Rosalía de Castro 2 (expediente 4389/401).

De conformidade co disposto no artigo 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, artigos 133.8º e 102

da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia e disposición transitoria novena da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, ábrese un segundo trámite de información pública no procedemento de aprobación do proxecto de compensación da U.E. I-06 Rosalía de Castro 2, polo prazo de 20 días hábiles.

Durante o dito prazo, os interesados poderán consultar o expediente na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo, en horario das 9.00 ás 13.30 horas, e, se é o caso, presentar as alegacións e documentos que teñan por convenientes na defensa dos seus dereitos.

Vigo, 15 de outubro de 2004.

Corina Porro Martínez

Alcaldesa-presidenta da Xerencia Municipal

de Urbanismo