DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 28 de outubro de 2004 Páx. 14.695

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SARRIA

ANUNCIO.

De conformidade co previsto no artigo 86.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e 140 do Regulamento de planeamento, faise público que a Xunta de Goberno Local, en sesión extraordinaria realizada o 10 de setembro de 2004, aprobou inicialmente o estudo de detalle para o reaxuste de aliñacións na rúa Formigueiros, 5 de Sarria, redactado polo arquitecto Antonio Taboada Rodríguez e promovido por Manuel Vázquez Rodríguez.

Durante o prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da derradeira publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ou no diario La Voz de Galicia, o expediente poderá ser examinado nas oficinas municipais e as persoas interesadas poderán presentar as alegacións que coiden oportunas.

Sarria, 29 de setembro de 2004.

José Antonio García López

Alcalde