DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 28 de outubro de 2004 Páx. 14.694

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Xunta de Goberno Local, na súa sesión do día 19 de xullo de 2004, aprobou inicialmente o estudo de detalle da unidade de xestión número 16 (UX-16) do Plan Xeral de Ordenación Urbana (Costa de Santas Mariñas), promovido por Cinur, S.L., no que se contén a delimitación do polígono de execución, que se desenvolverá polo sistema de cooperación.

O ámbito de actuación sitúase na marxe sur das rúas de Santas Mariñas e Picaños, e en ambas as dúas beiras da rúa do Campo do Amo.

De conformidade co disposto no artigo 86.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o expediente sométese a información pública con citación persoal dos propietarios afectados e publicación de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal de circulación na provincia. Durante o prazo de vinte días, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, os interesados poderán consultar o expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Este anuncio servirá de edicto de notificación, de acordo co previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, aos propietarios afectados para o suposto de que non puidesen ser citados persoalmente. Para estes efectos, publícase deseguido a relación de parcelas e propietarios afectados.

Propietario segundo catastroTitular segundo estudo de detalle

Referencia

catastral

TitularTitular

79651-05Cinur, S.L.Cinur, S.L.

79651-06Evaristo Estévez FernándezEvaristo Estévez Fernández

79651-07Miguel A. Codesido SánchezMiguel A. Codesido Sánchez

79651-08DescoñecidoCarmen Carril Conde

79651-15Arcebispado de Santiago de Comp.Arcebispado de Santiago de Compostela

80659-12Estrella Rivas SixtoEstrella Rivas Sixto

80659-14José Noya FernándezJosé Noya Fernández

80659-15Luís García IglesiasLuís García Iglesias

80659-18Ramón Otero FernándezCinur, S.L.

80659-19José Brocos BecerraJosé Brocos Becerra

80659-20Cinur, S.L.Cinur, S.L.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2004.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde