DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 28 de outubro de 2004 Páx. 14.694

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADUMIA

ANUNCIO.

O Pleno Municipal, en sesión ordinaria que tivo lugar con data do 7 de outubro de 2004, acordou aprobar o prego de cláusulas administrativas que rexerán a contratación polo procedemento aberto e mediante a forma de concurso, trámite de urxencia, da obra denominada construción de centro rural agrupado (CRA) en Leiro, así como a súa licitación.

Para tal fin exponse ao público o devandito acordo.

1. Entidade adxudicadora.

Concello de Ribadumia.

2. Obxecto do contrato.

A adxudicadora contratación polo procedemento aberto e mediante a forma de concurso, trámite de urxencia, da obra denominada construción de centro rural agrupado (CRA) en Leiro.

3. Duración do contrato.

Prazo de execución: nove meses.

4. Capacidade para contratar.

Regulada no prego de cláusulas administrativas.

5. Garantía.

Provisional: 1.620 euros, equivalente ao 2% do tipo de licitación.

Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

6. Presentación de ofertas.

Na Secretaria do Concello (das 9.00 ás 14.00 horas) no prazo de trece días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do último anuncio de licitación no BOP ou DOG. Se o último día de presentación de ofertas coincidise en sábado, trasladarase ao seguinte día hábil.

Presentaranse dous sobres pechados, nos que constará: sobre A (documentación) e sobre B (proposta para tomar parte na contratación do concurso polo procedemento aberto da obra de centro rural agrupado (CRA) de Leiro.

7. Criterios que servirán de base para a adxudicación.

Os contidos na base 2ª do prego de cláusulas.

8. Apertura de proposicións.

A mesa de contratación reunirase ás doce horas do quinto día hábil seguinte ao da data de remate de presentación de proposicións, sempre que non coincida en sábado; en tal caso terá lugar o seguinte día hábil.

9. Modelo de proposición.

A oferta, xunto coa restante documentación exixible segundo o prego de cláusulas, presentarase de acordo co seguinte modelo:

D./Dna..., veciño/a de..., con domicilio en..., CP..., e DNI nº..., expedido en..., con data..., en nome

propio (ou en representación de...) como acredito por... informado da convocatoria do concurso polo procedemento aberto e trámite de urxencia, anunciada no BOP e no Diario Oficial de Galicia, tomo parte nela, comprometéndome a realizar a obra de construción de centro rural agrupado (CRA) en Leiro, no prezo de..., comprendendo esta oferta o prezo de contrata e o IVE, de acordo co proxecto técnico e o prego de cláusulas administrativas aprobado, que acepta integramente, declarando non estar incurso no supostos de prohibición, incapacidade ou incompatibilidade establecidos no artigos 20 e 22 da Lei de contratos das administracións públicas. En... o... de... de 2004.

10. Gastos de publicación.

Serán por conta do adxudicatario.

Ribadumia, 13 de outubro de 2004.

Mª Lidia Álvarez Ares

Alcaldesa en funcións