DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 28 de outubro de 2004 Páx. 14.693

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

Por Decreto da Alcaldía nº 4500/2004, do 14 de outubro, aprobouse inicialmente o expediente de expropiación forzosa, por taxación conxunta, dos terreos necesarios para o proxecto denominado expropiación de predios na rúa Celso Emilio Ferreiro-Serantes no termo municipal de Oleiros (A Coruña).

De conformidade co artigo 143, parágrafos 2º e 3º da Lei de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (9/2002, do 30 de decembro), o expediente estará exposto ao público na Secretaría Xeral do Concello de Oleiros, de 8.30 a 13.00 horas e polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte a aquel no que apareza publicado este anuncio para os efectos de presentación de observacións e reclamacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 14 de outubro de 2004.

Manuel Fernández Siso

Alcalde en funcións