DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 28 de outubro de 2004 Páx. 14.693

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NOIA

ANUNCIO.

Faise público, de acordo co establecido no artigo 92.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, que o Pleno deste concello, en sesión realizada o 30 de setembro de 2004, aprobou definitivamente o estudo de detalle da unidade de actuación número 3, San Lázaro, sendo comunicado á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda con data do 15 de outubro de 2004, número de rexistro de saída 8981.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ou nos xulgados do contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir da última das publicacións deste anuncio, sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Noia, 15 de outubro de 2004.

Antonio Pérez Insua

Alcalde