DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 28 de outubro de 2004 Páx. 14.693

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MIÑO

ANUNCIO de aprobación definitiva de estudo de detalle presentado por Lumiera, S.L. para ordenación dun predio en Lago-Perbes (Ordenanza Z1 A do Plan Xeral de Ordenación Municipal).

O Pleno deste concello, na sesión celebrada o día 15 de outubro de 2004, acordou aprobar definitivamente o estudo de detalle presentado por Lumiera, S.L. para a ordenación dun predio en Lago-Perbes (Ordenanza Z1 A do PXOM), de acordo co proxecto redactado polos arquitectos sres. Abad e Deus, co visado colexial do 25 de maio de 2004.

Contra este acordo, definitivo en vía administrativa, pode interpoñerse no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que poida exercerse, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Miño, 20 de outubro de 2004.

José Mª Laya Carril

Alcalde accidental