DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 28 de outubro de 2004 Páx. 14.692

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOQUEIXÓN

ANUNCIO.

En sesión plenaria extraordinaria do día 6 de outubro de 2004 acordouse por 8 votos a favor (PP) e 2 en contra (PSG-PSOE e BNG) adoptar o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o Plan Xeral de Ordenación Municipal redactado polo Estudio Técnico Gallego, S.L.

2. Aprobar e someter o documento do PXOM referenciado a información pública polo prazo dun mes computado a partir da publicación do anuncio correspondente no DOG, sen prexuízo da súa publicación en dous xornais dos de maior circulación da provincia (dous días consecutivos) e da súa inserción no taboleiro municipal, dando simultánea audiencia, e durante o mesmo prazo, aos municipios limítrofes, e solicitando, simultaneamente, ás administracións públicas competentes, os informes sectoriais que resulten necesarios, que se emitirán no prazo máximo dun mes, agás lexislación sectorial en contrario. O PXOM poderá consultarse nas dependencias municipais habilitadas para os efectos, de luns a venres en horario de 9.30 a 14.00 horas.

3. Aprobar inicialmente os convenios urbanísticos presentados por José Corujo Quián-Esther Quinteiro

Cortes e Santos Equipamento de Interiores, S.L., nos termos redactados, suxeitándose aos mesmos trámites de información pública que o PXOM.

4. Aprobar a suspensión da concesión de licenzas, que vén dada a raíz da aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal, nas seguintes zonas e condicións que o informe do arquitecto do equipo redactor do mencionado plan estipula:

-Solo non urbanizable, normal e de protección: suspenderanse licenzas por cambios do réxime de solo.

-Solo de núcleo rural: suspenderanse licenzas por cambio de réxime do solo.

-Solo urbano: suspenderanse licenzas por total cambio das condicións de parcelación, uso e intensidade de uso.

-Solo apto para urbanizar: suspenderanse licenzas en todos os ámbitos non desenvoltos.

-Licenzas en tramitación.

-Solicitudes de autorización autonómica previa en solo rústico: non se suspenderán as licenzas se, con data anterior á aprobación inicial do planeamento, o expediente tramitado foi remitido, para autorización autonómica previa, á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, sempre e cando o mencionado organismo resolva favorablemente ou condicione a resolución favorable da autorización á introdución de modificacións de escasa entidade no proxecto.

-Licenzas pendentes doutros informes sectoriais, en calquera clase de solo: non se suspenderán licenzas en caso de que con data anterior á aprobación inicial do planeamento, se solicitaran estes informes e os informes municipais foran emitidos en sentido favorable.

-Licenzas pendentes de documentación: non se suspenderán licenzas para os proxectos informados polos servizos urbanísticos municipais favorablemente con condicións, sempre e cando se presente a documentación adicional solicitada nun prazo máximo de dous meses desde a aprobación inicial do plan xeral.

-Outro tipo de licenzas: non se suspenderán licenzas, en calquera tipo de solo, para as seguintes obras, sempre e cando non se encontren prohibidas por lexislación sectorial:

Obras de reparación e conservación.

Peches rústicos de postes e arame ou similares.

As cortas de árbores que constitúan masa arbórea.

Pequenas obras destinadas a infraestrutura de servizos.

Outras similares.

Boqueixón, 8 de outubro de 2004.

Adolfo Gacio Vázquez

Alcalde