DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 28 de outubro de 2004 Páx. 14.691

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 2004, da Dirección Xerencia do Hospital Comarcal Valdeorras do Barco de Valdeorras, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do procedemento aberto, concurso público 14/2004, para a contratación do servizo de lavandaría deste hospital.

A Dirección Xerencia do Hospital Comarcal Valdeorras, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo sexto da orde do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, en cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, resolve publicar a adxudicación do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde, Hospital Comarcal Valdeorras, r/ Conde Fenosa nº 50, 32300 O Barco de Valdeorras (Ourense).

b) Número de expediente: 14/2004.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de lavandaría do Hospital Comarcal Valdeorras.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG do 21-4-2004.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 298.000 euros.

5. Adxudicación.

a) Data: 30 de agosto de 2004.

b) Contratista: Fundosa Lavanderías Industriales, S.A.U.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 258.960 euros.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase esta resolución que pon fin á vía administrativa, podendo ser recorrida na vía contencioso-administrativa perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de 2 meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución, consonte o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

O Barco de Valdeorras, 30 de agosto de 2004.

Dionisio López Bellido

Director xerente do Hospital Comarcal Valdeorras

do Barco de Valdeorras