DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 28 de outubro de 2004 Páx. 14.690

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

EMPRESA PÚBLICA DE OBRAS E SERVIZOS HIDRÁULICOS

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 6 de outubro de 2004 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a adxudicación do contrato de execución das obras do proxecto de clave OH.236.562 e sete máis.

Advertido erro na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 200, do 14 de outubro

de 2004, cómpre facer a seguinte corrección no texto do anuncio:

-Na páxina 14.038, na columna da esquerda, na liña 32, referida ao prazo de execución da obra co título Plan de Saneamento. Saneamento en Oza dos Ríos. 1ª fase. Oza dos Ríos (A Coruña) e clave OH.315.590, onde di: «prazo de execución (meses): dezaoito (18)», debe dicir: «prazo de execución (meses): trinta (30)».

Nota: o prazo de admisión das proposicións para a contratación desta obra en concreto, de clave OH.315.590, rematará ás 14.00 horas do 10 de novembro de 2004.

A apertura das proposicións presentadas para esta contratación será realizada pola mesa de contratación, ás 9.30 horas do 19 de novembro de 2004, na sala de xuntas da empresa pública de Obras e Servizos Hidráulicos.

Esta corrección de erros non afectará as outras sete contratacións anunciadas na dita resolución.