DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 28 de outubro de 2004 Páx. 14.688

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 15 de setembro de 2004, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o acordo de inicio do procedemento de reintegro do 18 de maio de 2004, das axudas á contratación indefinida do expediente administrativo REINT. 2004/176-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado do acordo de inicio do procedemento de reintegro da subvención do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 13 de marzo de 2000, publícase:

-Expediente de reintegro: REINT. 2004/176-5.

-Expediente de xestión: FM 342B 2000/2154-5.

Orde da convocatoria: 13 de marzo de 2000 (DOG nº 60, do 27 de marzo).

Interesado: Galicia Reparación del Automóvil, S.L.

Enderezo: estrada de Baiona, 10, 36213 Vigo (Pontevedra).

Asunto: acordo de inicio do procedemento de reintegro de axudas á contratación indefinida.

Acordo:

Revisado o seu expediente de conformidade coas facultades de control, avaliación e seguimento que corresponden á Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais segundo a disposición adicional primeira da Orde do 13 de marzo de 2000 (DOG do 27 de marzo) pola que se establecen os programas de fomento da contratación e da estabilidade no emprego para ano 2000, en relación co Decreto 23/2003, do 20 de xaneiro (DOG do 21 de xaneiro), pola que se fixa a estrutura dos departamentos da Xunta de Galicia.

E comprobada a extinción da relación laboral do traballador Emilio José Meijide Sanromán (36164408-J) con data do 26-4-2002, sen que conste a súa substitución nas condicións exixidas pola base décima do anexo B da dita Orde do 13 de marzo de 2000 (DOG do 27 de marzo).

ACORDO:

I. Iniciar, en exercicio da competencia atribuída polo artigo 20.2º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro (DOG do 11 de decembro), o procedemento de reintegro da subvención de 1.803,04 A concedida na Resolución do 23-10-2000 pola contratación indefinida de Emilio José Meijide Sanromán (36164408-J).

II. O reintegro voluntario polo interesado ante o órgano competente da Consellería de Economía e Facenda, en calquera momento anterior á proposta de resolución, producirá a terminación do procedemento, sen prexuízo de que se dite a resolución pola que se declare a dita circunstancia, de acordo co establecido no artigo 20.5º e 20.6º, do Decreto 287/2000, do 21 de novembro.

III. Dar trámite de audiencia ao interesado, concedendo a Galicia Reparación del Automóvil, S.L. un prazo de 10 días hábiles para formular as alegacións e achegar os documentos que estime pertinentes.

Vigo, 18 de maio de 2004. P.D. Joaquín Macías Sánchez. Delegado provincial de Pontevedra.

Os correspondentes expedientes atópanse no Servizo de Promoción do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais en Vigo.

Vigo, 15 de setembro de 2004.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra