DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 28 de outubro de 2004 Páx. 14.687

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 28 de setembro de 2004 pola que se dispón o cumprimento da sentenza 391/2004, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sección segunda, ditada o 30 de xaneiro de 2004, no recurso 02/4973/2000.

No recurso contencioso-administrativo 02/4973/2000, interposto perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativo, sección segunda, por Francisco Sineiro Rodríguez, contra a resolución da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura do 23-6-2000, pola que se declaraba extinguida a concesión administrativa da batea Gondar I, ditouse a sentenza firme 391/2004, pola que se estimaba parcialmente ese recurso, e que se reproduce a continuación:

«Estimamos en parte o recurso contencioso-administrativo interposto por Francisco Sineiro Rodrí

guez contra a resolución da Consellería de Pesca do 23-6-2000 pola que se declara extinguida a concesión administrativa da batea Gondar I, resolución que anulamos por ser contraria a dereito, desestimando no demais o presente recurso. Non se fai imposición de custas».

Polo tanto, de conformidade co disposto nos artigos 103 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, esta consellería dispuxo o cumprimento da referida sentenza e que se publique a aludida decisión no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2004.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos