Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Hidroeléctrica do Arnego, S.L.
Domicilio social: r/ Mayor, 18, 36520 Golada.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Calvo Sotelo e N-640.
Situación: concello de Agolada.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con condutor R.H.V. de 120 m de lonxitude, con orixe nunha L.M.T. existente e remate no C.T. proxectado, de 250 kVA R.T. 20 kV/400 V, situado na r/ Calvo Sotelo de Agolada. R.B.T., cun tramo aéreo e outro subterráneo, de 800 m de lonxitude total.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 1 de setembro de 2004.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra