DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 28 de outubro de 2004 Páx. 14.686

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 17 de setembro de 2004, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 04/329).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T.C As Figueiras.

Situación: Sada.

Características técnicas:

-Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,742 km, coa orixe en cela de liña existente en C.T. estrada de Fontán, nº 7 (expediente 42/1999), condutor tipo R.H.Z.1 e final en empalme proxectado en L.M.T. subterránea PED-704, tramo entre C.T. estrada de Fontán, nº 7 (expediente 42/1999) e C.T. avda. do Porto, nº 14 (expediente 65/1999).

-Centro de transformación non prefabricado, cunha potencia de 400 kV e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V. Concello de Sada.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071, A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 17 de setembro de 2004.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña