Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T.C. rúa Pilar Pena, nº 27.
Situación: Curtis.
Características técnicas:
-Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,014 km, coa orixe na L.M.T. CES-804, en tramo subterráneo entre C.T. avda. Xeneralísimo, 40 (expediente 85/1999) e C.T. Campo Feira (expediente 16255), condutor tipo R.H.Z.1 e final na L.M.T. CES-704, en tramo subterráneo entre C.T. avda. Xeneralísimo, 40 (expediente 85/1999) e C.T. Campo Feira (expediente 16255).
-Centro de transformación no prefabricado, cunha potencia de 250 kV e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V. Concello de Curtis.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071, A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 17 de setembro de 2004.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña