DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 28 de outubro de 2004 Páx. 14.684

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 17 de setembro de 2004, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 04/275).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e

no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: recuamento L.M.T., C.T., R.B.T. Campo Feira.

Situación: Curtis.

Características técnicas:

-Recuamento liña eléctrica de media tensión subterránea, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,010 km, coa orixe na L.M.T. CES-804, L.M.T. a C.T. Campo Feira (expediente 13255) e final en C.T.C. proxectado Campo Feira e con condutor tipo R.H.V.

-Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

-Tramo enlace con liña de baixa tensión aérea con orixe en apoio proxectado de paso subterráneo-aéreo, cunha lonxitude de 0,047 km e condutor R.Z.

-Saída rede de baixa tensión subterránea de C.T.C. Campo Feira, cunha lonxitude de 0,014 km, coa orixe en C.T.C. proxectado e condutor R.V. Concello de Curtis.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071, A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 17 de setembro de 2004.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña