DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 28 de outubro de 2004 Páx. 14.684

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 16 de setembro de 2004, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 04/297).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T.C. en Joane.

Situación: Ferrol.

Características técnicas:

-Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 15 kV, de 310 m de lonxitude, coa orixe e final na L.M.T. entre a subestación Santa Mariña e C.T. Cotogrande (expediente 27539), unha vez entre e saia no C.T. proxectado, con condutor R.H.Z. 12/20 kV (1x240) Al mm.

-Centro de transformación en edificio non prefabricado cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 15/0,40-0,230 kV. Concello de Ferrol.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071, A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 16 de setembro de 2004.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña