DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 28 de outubro de 2004 Páx. 14.683

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 14 de setembro de 2004, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 04/312).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: recuamento L.M.T.A. en estrada de Catabois.

Situación: Ferrol.

Características técnicas:

-Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,483 km, coa orixe na L.M.T.A. A Refertas, condutor tipo R.H.V. e final na L.M.T.A. A Refertas.

-Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,483 km, coa orixe na L.M.T.A. A Residencia, condutor tipo R.H.V. e final na L.M.T.A. A Residencia. Concello de Ferrol.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071, A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 14 de setembro de 2004.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña